A Asociación Dano Cerebral A Coruña celebrou o pasado domingo 26 de outubro na Praza de María Pita unha xornada con motivo do Día Nacional do Dano Cerebral e do 25º aniversario da entidade.
Durante a mañá, centos de persoas participaron en actividades de deporte adaptado, na experiencia “Ponte no meu lugar”, nunha zona de astronomía e en diversos postos informativos.
Ás 12:00 horas, o presidente Juan Luis Delgado leu o Manifesto do Día Nacional do Dano Cerebral, acompañado por autoridades locais.
A xornada rematou con música e baile tradicional galego, nun ambiente festivo e de inclusión.
